Resolución do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR945C).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, as sociedades anónimas deportivas e as seccións deportivas de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de con correncia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento PR945C).
Cuarto. Importe
Para conceder estas subvencións destinaranse 3.920.000 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04.40.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
Quinto. Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.