Dende a Federación Galega de Patinaxe informamos de que xa está a disposición dos interesados na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a Resolución coa listaxe definitiva das entidades beneficiarias, as solicitudes denegadas e as inadmitidas ou desistidas, das subvencións a entidades deportivas polo desenvolvemento de actividades (código de procedemento PR945C).
Xa que a Resolución está pendente de publicación no DOG, os beneficiarios TODAVÍA NON PODEN SOLICITAR O COBRO DA AXUDA nin achegar a documentación xustificativa. Dita publicación no DOG está prevista inicialmente para o venres 10 de xullo, co cal, a solicitude de cobro poderase facer a partir do día 11.
Pódense consultar a resolución no seguinte engazo: