Esta semana darán comezo en Italia os World Skate Games coa participación de xuíces e árbitros galegos en diferentes modalidades.
Primeiro será a quenda de Isabel Rodríguez, árbitro de hóckey liña, para a competición junior feminina, do 29 de agosto ao 2 de setembro e a sénior feminina, do 3 ao 8 de setembro, ambas terán lugar en Roccaraso.
Pola súa banda, Mario Calzas foi convocado como xuíz de patinaxe artística do 6 ao 22 de setembro en Rimini.
Novara acollerá as competicións de hóckey a patíns, co Campionato Sub19 Masculino e os dous Campionatos Sénior Masculino e Feminino.
Daniel Villar e Rubén Fernández son os dous árbitros galegos designados para estas competicións.
Daniel Villar estará no Campionato Sub19 Masculino, do 8 ao 14 de setembro, e nos dous Campionatos Sénior que se disputarán do 16 ao 22 de setembro.
Rubén Fernández participará nos Campionatos Sénior.
Por último, Sonia Lago foi designada para arbitrar no Campionato de Roller Derby en Montesilvano, do 18 ao 23 de setembro.
A todos eles, desde a FGP, damoslles os parabéns por estas designacións e lles desexamos unha boa actuación.