O pavillón de Bouzas en Vigo, baixo a organización do Club Vella Escola Roller, acollía este domingo a derradeira xornada da primeira fase da Liga Regular de Hóckey Liña na categoría Masculina e o inicio da segunda no Grupo A, na Quinta Sede da competición. Non houbo sorpresas e a clasificación non variou logo dos catro partidos da xornada 9, con Lóstregos rematando como líder invicto con oito vitorias nos oito partidos xogados. A continuación clasificábanse Brigantium, Cabuxos, Lóstregos Master e A Guarda HL, aínda que os de Pontevedra descansaban, pero a derrota de Vigo Blue Ringed ante Cabuxos e a curta victoria de Morcegos HL ante Brigantium Beta deixaba aos da Guarda na quinta praza, accedendo así ao Grupo A que loitará polo título grazas a unha mellor diferenza de goles marcados e recibidos.
Xa pola tarde houbo dous partidos deste grupo onde a sorpresa foi a derrota de Lóstregos ante Lóstregos Master, o que deixa a competición moi aberta de cara ás dúas sedes restantes (11 de marzo e 8 de abril en Lugo e A Coruña respectivamente).
#eupatino
[Fotos: Paco López]