PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 25

Rematou a Liga Galega Senior Feminina de Hóckey sobre Patíns

Logo dunha liga regular composta por 10 xornadas de competición, a Liga Senior Feminina de Hóckey sobre Patíns finalizaba o pasado sábado cos derradeiros partidos da mesma, polo que os equipos que xogarán a Final a 4 os días 12 e 13 de maio no pavillón de Monte Alto de A Coruña serán o HC Liceo, como primeiro clasificado, ademais de Diver Patín CD, CH Compostela e HC Borbolla.

O fin de semana anterior, os días 5 e 6 de maio, tamén en Monte Alto, celebrarase a Final a 4 da Liga Galega Sub16 Feminina, da que neste caso aínda resta un partido o vindeiro 1 de maio para rematar a liga regular. C Club Compañía de María concluirá como primeiro clasificado mentres HC Raxoi e HC Liceo decidirán quen é segundo ou terceiro no encontro que teñen pendente, sendo o cuarto equipo que loitará polo título galego da categoría o CH Oleiros.

Resultados e clasificacións

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL