PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 08

Rematou a Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña

A Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña disputaba este pasado domingo no pavillón de Bouzas en Vigo (Pontevedra) a súa derradeira Sede, a Quinta da competición, con dúas xornadas que deixaron cambios na clasificación pois, se ben o Lóstregos Kids, Feiticeiras e Peque Lóstregos xa tiñan aseguradas as tres primeiras prazas, a cuarta foi finalmente para Mini Meigas, sendo decisivo o encontro que os enfrontaba a Morcegos, onde os ourensáns cedían ante os lugueses por 2-5, certificando estes o seu pase á Final a 4.

Tamén se xogou no mesmo emprazamento a Quinta Sede da Liga Infantil, aínda que neste caso restan por disputar as dúas xornadas aprazadas no seu momento e que se celebrarán o 21 de maio. Olimpo XXI Lóstregos incrementa lixeiramente a súa ventaxa sobre Lóstregos Norte, logo de que estes empatasen ante Trasnos na sorpresa da xornada. Pola súa banda, A Guarda HL afiánzase na cuarta praza e ten casi garantido o pase á Final a 4 xunto aos dous anteriores e Meiguiñas.

Resultados e clasificacións

DSC_0163 DSC_0227

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL