PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 06

Rematada a liga regular da categoría Senior de Hóckey sobre Patíns, chegan as eliminatorias de cuartos de final

Finalizaba este pasado domingo, 5 de marzo, a liga regular da categoría Senior Masculina que se iniciaba o 17 de setembro de 2016, sendo así a primeira das ligas autonómicas de Hóckey sobre Patíns que dan por concluídos tras 22 xornadas os enfrontamentos previstos entre os once equipos que a formaban. Cun só partido perdido, o equipo do Club AA Dominicos finalizaba en primeira posición con 57 puntos e unha soa derrota, contando os seus 19 partidos restantes por vitorias. A partir desta semana afrontarase a eliminatoria de cuartos de final, para as que se clasificaron os oito primeiros e cuxos partidos de ida e volta se disputaránse este fin de semana e o seguinte, xogándose o primeiro encontro na pista do peor clasificado, polo que os emparellamentos quedan da seguinte maneira:

 

HC Borbolla – Club AA Dominicos (11.03.2017 | 18:00)

Escola Lubiáns – Club Compañía de María “A” (11.03.2017 | 20:00)

CH Compostela – Club Compañía de María “B” (11.03.2017 | 21:00)

HC Liceo – AC Órdenes (12.03.2017 | 12:00)

 

Os gañadores das catro eliminatorias pasarán á Final a 4, que se celebrará o fin de semana do 25 e 26 de marzo no Pavillón Castelao I de Ordes e da cal sairá o campión galego da categoría, que ademais accederá á fase de ascenso a Primeira División Nacional.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL