O Campionato de Europa de Patinaxe de Velocidade tivo lugar do 19 ao 25 de xullo en Oostende, Bélxica. Catro patinadores galegos (Chevi Guzmán, Andrea Boedo, Manu Taibo e Raúl Couto) foron convocados para competir coa Selección Española, acadando todos eles o podio e uns excelentes resultados, destacando o Récord Mundial de Chevi Guzmán nos 100m Sprint.
Chevi Guzmán, do Celta Patín, gañou tres Ouros nas probas de 200 CR, 500+D en pista e nos 100m sprint, proba na que bateu o récord do mundo con 9.575 segundos.
Manu Taibo, da SCD Rabadeira, e Chevi Guzmán conseguiron unha Prata na proba de 3000 relevos xunto con Patxi Peula e Nil Llop.
Pola súa banda, Andrea Boedo, da SCD Rabadeira, acadou o dous Bronces nas probas de 200CR e 100m sprint e Raúl Couto, tamén da SCD Rabadeira, levouse tres Bronces en 5000 puntos en pista, 5000 puntos de circuíto e nos 8000m eliminación en circuíto.
Ademáis das medallas, os galegos conseguiron excelentes resultados: Andrea Boedo quedou en 4ª posición en 500+D, Raúl Couto 4º na proba de 3000 relevos e Chevi Guzmán en 4ª posición na Volta ao circuíto e 5º nos 100m liña.
A destacar tamén que o adestrador da SCD Rabadeira, David Garrido, foi seleccionado para formar parte do corpo técnico da Selección Española.
Desde a FGP queremos darlles os parabéns aos catro polos seus estupendos resultados e o gran traballo realizado.