Como recoñecemento á súa medalla de ouro nos WRG 2019 celebrados no mes de xullo en Barcelona, Catuxa Castro Sas foi recibida pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, quen lle deu os parabéns e diversos recordos para lembrar este éxito coa selección nacional Júnior de Hóckey Liña. Na recepción estivo presente representando á Federación Galega de Patinaxe o seu secretario, Javier Losada, aínda que tamén acompañaron a Catuxa os integrantes do seu equipo, o C. P. Lóstregos, entre os que se atopaban o seu presidente, Alberto Lapido, e os adestradores Javier Bermúdez e Javier Fernández, xunto aos xogadores e xogadoras do equipo de Lugo.
#eupatino