PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jul 13

Recepción á selección española no Concello da Coruña

Esta mañá celebrouse no salón de plenos do Concello da Coruña a recepción oficial das autoridades locais, encabezada polo alcalde da cidade Xulio Ferreiro, e polo concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, á selección española de hóckey sobre patíns que disputará desde mañá sábado 14 de xullo a 53 edición do Campionato de Europa Masculino no Palacio dos Deportes de Riazor e que finalizará o domingo 22.

O acto contou coa presenza de Vicente Torres (presidente da Federación Galega de Patinaxe), Julio Parga (vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe), Ignacio González (vicepresidente da Real Federación Española de Patinaje) e Xavier Moyano (xerente da Real Federación Española de Patinaje), ademais de todo o persoal do equipo nacional español xunto ao seu corpo técnico e auxiliares, da cal o seu capitán, Pau Bargalló, foi quen se dirixiu aos asistentes invitando aos afeccionados a asistir a un evento deportivo de primeira magnitude continental, que seguramente fará gozar durante os próximos nove días a todos os amantes e seguidores deste deporte.

Tamén o alcalde da Coruña manifestou aos presentes que “o hóckey sobre patíns é un deporte moi importante para a cidade, así que me gustaría que a alegría e a paixón coa que se competirá dentro da pista se trasladase a todo o mundo, pero principalmente aos nenos”.

#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL