PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
FotoFamilia

Oct 14

Realizada a Concentración da Preselección Galega Sub 14 de Inline Freestyle.

O pasado domingo 6 de outubro tivo lugar unha concentración de Preselección Galega Sub 14 de Inline Freestyle coa finalidade de evaluar o nivel actual dos competidores, para valorar a posible formación dun equipo para participar no Campeonato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14, que se celebrará en Valladolid do 6 ao 8 de decembro.

 

FotoFamilia

 

Tras unha xornada de evaluación e formación con todas as rapazas e rapaces convidados, ademáis dos seus adestradores, os seleccionadores Amaia de Luis e José Lago, ditaminaron que se agardará un ano máis para crer dita selección. Trátase dun deporte que ainda se está a descubrir, mentres que en España xa hai un gran nivel a estas idades.

 

Cabe destacar que se tomou nota dos nomes máis axeitados e se lles fará un seguemento máis de preto de cara a ver qué acontece o vindeiro ano a nivel Nacional, se esta competición se mantén ou queda só nunha proba.

 

Reunion IMG_20241006_113614 IMG_20241006_105946

 

Por último, agradecer a Tenda Roller Ourense, que co Convenio de colaboración firmado coa FGP, pódense utilizar as excelentes instalacións de La Nave Roller Ourense para este tipo de actividades e todas as Formacións oficiais de patinaxe Freestyle que se realicen en Ourense ata o 31 de decembro do 2025.

 

IMG_20241006_103841 IMG-20241006-WA0005
Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL