O pasado domingo 26 de febreiro, tivo lugar en A Coruña, no salón de actos da FGP, os exames para as titulacións a xuíces e especialistas autonómicos de patinaxe artístico da modalidade del libre segundo o sistema Rollart.
A estas probas estaban inscritos 10 candidatos para o exame de xuíz e 12 candidatos para o de panel técnico. O exame consistíu nun apartado teórico, dunha hora de duración, que os candidatos tiñan que superar para poder realizar o exame práctico.
Unha vez obtidos os resultados do exame teórico, realizáronse dúas sesións prácticas:
A primeira para os candidatos a especialista autonómico, que foron divididos en grupos de 3 persoas, nas que tiñan que resolver 3 programas actuando en cada un deles nun rol determinado: especialista, controlador e asistente.
Na segunda sesión práctica, foi o turno dos candidatos a xuíz autonómico, que entraron en equipos de 2 persoas para resolver dous programas asignando QOEs e compoñentes a diferentes patinadores de patinaxe artístico.
Este exame englobase no curso xeral de actualización da modalidade de libre, impartido polo xuíz internacional Mario Calzas, celebrado os días 11 e 12 de xaneiro en formato telemático.
Ao curso de actualización inscribíronse máis de 60 persoas de distintos estamentos do ámbito galego: adestradores, xuíces, patinadores, etc. Durante o desenvolvemento do curso impartíronse as diferentes novidades da tempada a través dun enfoque fundamentalmente práctico con vídeos de patinadores de Galicia.
Ademáis, como parte da aprendizaxe, aqueles que querían postular a ser xuíces e especialistas autonómicos tiveron dúas sesións de taller adicionáis de máis de 3 horas de duración cada unha. Estas foron impartidas os días 28 e 29 de xaneiro. Deste modo, os candidatos podían experimentar a práctica coma se fose unha competición real e resolver todas as dudas que xurdían durante o curso.
Nos próximos días, cerrarase o curso cando se coñezan os candidatos que superaron as probas de acceso.
Desde a Federación Galega de Patinaxe desexámoslles moita sorte e agradecemoslles a coraxe e o esforzo depositado neste deporte en constante crecimiento e evolución.