Este pasado fin de semana, os días 16,17 e 18 de abril levouse a cabo a 1ª tecnificación da modalidade libre individual impartida polo técnico internacional World Skate: Óscar Molis, na localidade de O Pino, O Pedrouzo.
Patinadoras e patinadores das categorías alevín a senior participaron nesta convocatoria acompañados polos seus adestradores e adestradoras.
Desenvolvéronse sesións de técnica de saltos, piruetas e skating skills e todos os participantes tomaron parte da sesión con moita ilusión ao longo destas xornadas de grande interés marcándose nelas as liñas xerais de traballo que serán tidas en conta nos seus adestramentos diarios.
Pola súa parte, adestradoras e adestradores tiveron a oportunidade de actualizar os seus coñecementos na charla que Óscar lles ofreceu aportándolles os seus consellos e experiencia.
Agradecer ao Concello de O Pino a súa colaboración no empréstimo das súas instalacións deportivas para o desenvolvemento deste proxecto deportivo federado.