A pasada fin de semana celebrouse en Lagos, Portugal, a segunda proba da European Cup Inline Speedskating, que este ano bateu récord de participación con presencia de patinadores de múltiples nacionalidades.
Nesta proba os resultados obtidos polos patinadores galegos foron moi bos, destacando o primeiro posto de Johan Sebastián Guzmán, do club Celta Patín, na xeral de probas cortas de categoría sénior, e o tamén primeiro posto obtido por Raúl Couto, do S.C.D. Rabadeira, na clasificación xeral de probas longas en categoría xuvenil.
Tamén destacaron polos seus resultados Silvia García, do club Sada Patín, cun sexto posto na clasificación xeral de probas curtas en categoría xuvenil, Javier Vicos, patinador junior do club S.C.D. Rabadeira, cun sétimo posto no ranking xeral, Marcos Vicos, patinador do S.C.D. Rabadeira que conseguiu a sétima praza no ranking xeral de categoría sénior, Pablo Cal, patinador infantil do club Sada Patín, que obtivo a décima praza na clasificación xeral de probas curtas, e Uxía Sambad, do club Sada Patín, que conseguiu a décima praza na clasificación xeral de probas longas en categoría xuvenil.