PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 05

Primeira Tecnificación de Patinaxe Artística

Coincidindo co inicio do novo ano e tamén co periodo non lectivo, os días 4 e 5 de xaneiro celebrouse a primeira Tecnificación de Patinaxe Artística da Federación Galega de Patinaxe que, como xa é habitual, estivo dirixida polo técnico Leonardo Lienhard na Coruña durante unha primeira xornada de traballo que se celebrou no Pavillón Elviña 2, no Pazo dos Deportes de Riazor e no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz, no Concello de Oleiros. A esta acudiron Pablo Vasallo, Javier Martínez, Iago Méndez, Álvaro Suárez, Lucas Yáñez, Unai Cereijo, Manuela Vila, Noelia Rodríguez, Lucía Fernández, Miriam Filgueira, Matilde Neira, Isis Basanta, Lucía Dapena, María Grela, Paula Rey, Soraya Santos, Diego Iñiguez, Martina Fernández e Xiana Royo. Na xornada do sábado foi a quenda no Pavillón de Carmen de Vigo para Andrea Llovo, María Montes, Andrea López, Albino Estévez, Xosé Andrés Cruz, Joel Ribeiro, Sofía Costas, Anahí Álvarez, Adrián Blanco, Lola Álvarez, Jorge Noya e Alba Lishi. En total, foron convocados 31 deportistas para esta primeira sesión de adestramento conxunto que terá continuidade en posteriores convocatorias.

#eupatino

PA-2019-01-04-Tecnificacion3 PA-2019-01-05-Tecnificacion1

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL