O pavillón de Monte Alto de A Coruña acollerá este fin de semana dúas Finais a 4, as das categorías Alevín e Xuvenil ás que accederon os catro primeiros clasificados tras o remate das súas respectivas fases regulares das ligas autonómicas. Os tres mellores xogarán a Fase de Sector Norte mentres que o primeiro, á conclusión desta liguilla de todos contra todos, será o campión galego da categoría.
Os equipos clasificados de ambas as dúas categorías acudirán do 22 ao 24 de abril ás Fases de Sector, no caso da Xuvenil de novo no pavillón de Monte Alto de A Coruña, mentres que os de Alevín terán que competir no pavillón de Villafría en Oviedo, nos dous casos xunto aos tres equipos clasificados polo Principado de Asturias.
CALENDARIO
Sábado, 9 de abril de 2016
XORNADA 1
16:00 [ALEVÍN] Club Compañía de María «A» – C.H. Compostela «A»
17:00 [ALEVÍN] H.C. Raxoi «A» – H.C. Cambre «A»
18:15 [XUVENIL] A.C. Órdenes – H.C. Liceo «A»
19:30 [XUVENIL] Club A.A. Dominicos «A» – Club Compañía de María «A»
Domingo, 10 de abril de 2016
XORNADA 2
10:00 [ALEVÍN] Club Compañía de María «A» – H.C. Cambre «A»
11:00 [ALEVÍN] H.C. Raxoi «A» – C.H. Compostela «A»
12:15 [XUVENIL] A.C. Órdenes – Club Compañía de María «A»
13:30 [XUVENIL] Club A.A. Dominicos «A» – H.C. Liceo «A»
XORNADA 3
16:00 [ALEVÍN] H.C. Cambre «A» – C.H. Compostela «A»
17:00 [ALEVÍN] Club Compañía de María «A» – H.C. Raxoi «A»
18:15 [XUVENIL] Club Compañía de María «A» – H.C. Liceo «A»
19:30 [XUVENIL] A.C. Órdenes – Club A.A. Dominicos «A»
Os resultados da competición poderanse seguir na páxina web da Federación Galega de Patinaxe, no seu Twitter e no seu Facebook.