Celébrase este fin de semana en Carballo
O pavillón Carballo Calero de Carballo (A Coruña) acolle este fin de semana a derradeira Final a 4 das ligas autonómicas de hóckey a patíns, que se estiveron celebrando nas semanas precedentes. No caso da categoría Senior, o primeiro clasificado será o campión galego e ademais poderá optar ao ascenso a Primeira División Nacional, nunha competición que se desenvolverá no Principado de Asturias os días 30 de abril e 1 de maio.
Tras a conclusión da liga regular da categoría Senior, os oito primeros equipos xogaron unha eliminatoria a ida e volta, cos catro mellores con ventaxa de campo no encontro de volta, que foi aproveitada por Club Compañía de María “A”, Club A.A. Dominicos e Escola Lubiáns “A”-Calvo, que derrotaban nos dous partidos a C.H. Compostela, H.C. Raxoi e A.C. Órdenes “A” respectivamente. No caso do H.C. Liceo, a pesar de rematar quinto e de ter o factor pista en contra ao xogar o partido de ida na súa, lograba desfacerse do A.C. Órdenes “B”, tamén cos dous enfrontamentos saldados con vitoria para os liceístas.
Os horarios para este fin de semana na Final a 4 organizada polo Escola Lubiáns son os seguintes:
CALENDARIO
Sábado, 16 de abril de 2016
1ª xornada
18:00 | Club Compañía de María “A” – H.C. Liceo
19:45 | Club A.A. Dominicos – Escola Lubiáns “A”-Calvo
Domingo, 17 de abril de 2016
2ª xornada
10:45 | Club Compañía de María “A” – Escola Lubiáns “A”-Calvo
12:30 | Club A.A. Dominicos – H.C. Liceo
3ª xornada
17:30 | Escola Lubiáns “A”-Calvo – H.C. Liceo
19:15 | Club Compañía de María «A» – Club A.A. Dominicos
A competición rexerase polas normas da Real Federación Española de Patinaje e os resultados poderanse seguir na páxina web da Federación Galega de Patinaxe, no seu Twitter e no seu Facebook.