Celebrouse a pasada fin de semana (9 e 10 de febreiro) en Sada a cuarta convocatoria das patinadoras e patinadores da preselección galega de Patinaxe de Velocidad, o que foi aproveitado para facer a presentación da equipación que lucirán os deportistas galegos cando representen a Galicia nas competicións internacionais ás que se despracen en 2019. O debut oficial está previsto na Copa de Europa en Xixón do 29 ao 31 de marzo e na localidade portuguesa de Lagos, do 4 ao 7 de abril, no Trofeo Terras do Infante.
#eupatino