PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 20

Premiados na V Gala do Deporte da Coruña e a súa Comarca de La Opinion.

Esta tarde celebrouse en A Coruña, no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, a «V Gala do deporte da Coruña e a súa Comarca», organizada polo diario La Opinión, na que se galardonaba aos mellores deportistas pola súa traxectoria no pasado ano 2022.

Premiados na Gala.

Premiados na Gala.

Á Gala acudiron, entre outros, Dña. Inés Rey, Alcaldesa de A Coruña e D. Manuel Ferreiro, Director de La Opinión.

Representando á Federación Galega de Patinaxe acudiu Dña. María Jesús Vázquez, Presidenta da FGP, acompañada de Jorge Varela, membro da Xunta Directiva da FGP.

 

 

Moitos deportistas e técnicos das modalidades deportivas da Federación Galega de Patinaxe foron nominados en distintas categorías:

Manu Taibo (patinaxe de velocidade), Lucas Yañez (patinaxe artística) e Jacobo Copa (hóckey a patíns) foron nominados a Mellor Promesa Masculina. O ganador foi Manu Taibo, xa que acadou un ouro, dúas pratas e dous bronces no Mundial e un ouro e dous bronces no Europeo.

Jacobo Copa e Manu Taibo.

Jacobo Copa e Manu Taibo.

Jacobo Copa e Manu Taibo.

Jacobo Copa e Manu Taibo.

Ines Rey entregando o premio a Manu Taibo.

Ines Rey entregando o premio a Manu Taibo.

Manu Taibo.

Manu Taibo.

 

Os nominados a Mellor adestrador/adestradora foron Juan Copa (HC Liceo) e Rosa García (CPA Maxia). Rematou levando o galardón Juan Copa por conseguir catro títulos co Liceo, entre os cales ganar a OK Liga.

Juan Copa.

Juan Copa.

Juan Copa.

Juan Copa.

Juan Copa.

Juan Copa.

 

O CAA Dominicos xuvenil e o HC Liceo foron nominados a mellor equipo. O premio levouno o Hockey Club Liceo, por conseguir a OK Liga, a Supercopa e a Copa del Rey.

CAA Dominicos Xuvenil.

CAA Dominicos Xuvenil.

CAA Dominicos e HC Liceo.

HC Liceo (César Carballeira e Dava Torres) e CAA Dominicos (Pablo Arias e Alejandro Pérez).

CAA Dominicos e HC Liceo.

HC Liceo (César Carballeira e Dava Torres) e CAA Dominicos (Pablo Arias e Alejandro Pérez).

Cesar Carballeira e Dava Torres, do HC Liceo.

Cesar Carballeira e Dava Torres, do HC Liceo.

 

O CPA Maxia tamén foi nominado na categoría de Mellor Clube, así como a Golden Cup de hóckey a patíns, que foi nominada a Mellor Competición.

CPA Maxia.

Mª José Rodríguez, delegada do CPA Maxia en representación do seu clube.

 

Golden Cup.

Daniel Echevarría, presidente del Liceo, en representación da Golden Cup.

Cabe destacar que o Galicia Rollers foi un dos premiados á Mellor Deportividade, polo acollemento de nenos e nenas ucraínos.

IMG_7611

Premiados a Mellor Deportividade.

IMG_7610

Iván Rama representando Galicia Rollers.

Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos dar a noraboa a todos os nominados e galardonados na Gala.

 

IMG_7669

Jacobo Copa, Marc Godayol e Juan Copa.

IMG_7671

Juan Copa.

IMG_7683

María Jesús Vázquez, presidenta da FGP, e Manu Taibo.

IMG_7679

Manu Taibo.

Premiados e autoridades presentes.

Premiados e autoridades presentes.

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL