A Selección Galega de Hóckey sobre Patíns rematou a súa participación no Torneio dos Reis “Celestino Brito” cunha clara melloría desde que onte sábado, na primeira xornada, eran derrotados pola combinado de Minho. Xa pola tarde lograban unha clara vitoria ante Aveiro mentres que esta mañá, ao contrario do que ocurría no Torneio de Natal, conseguían empatar ante a Selección de Porto, quizá o rival máis forte e con máis calidade dos que compiten nestes torneos.
RESULTADOS
Sábado, 7 de xaneiro de 2017
Xornada 1
Selección Porto 6 – 1 Selección Aveiro
Selección Minho 3 – 0 Selección Galega
Xornada 2
Selección Porto 3 – 2 Selección Minho
Selección Galega 5 – 0 Selección Aveiro
Domingo, 8 de xaneiro de 2017
Xornada 3
Selección Aveiro 1 – 3 Selección Minho
Selección Porto 2 – 2 Selección Galega