Este fin de semana celebrouse a segunda sede da Liga Galega de Hoquei Liña na categoría benxamín, cos partidos correspondentes ás xornadas tres e cuatro, e no que o clube anifitrión foi o Galicia Rollers, líder da categoría, que sumou pleno de victorias. A competición comezou ás 10 horas no Pavillón de Deportes de Monte Alto e tivo os seguintes resultados:
10.00 Brigantium-Lóstregos Olimpo XXI (8-2)
11.15 Meigas-Lóstregos (5-0)
12.30 Galicia Rollers-Alquimia (5-4)
13.45 Lóstregos-Brigantium (4-2)
15.00 Galicia Rollers- Lóstregos Olimpo XXI (5-0)
16.15 Alquimia-Meigas (7-6)
Galicia Rollers lidera a clasificación con pleno de victorias, segundo é Alquimia e na terceira plaza atópase Lóstregos.
A seguinte sede será o vindeiro 29 de marzo en Lugo.
Mentras, na liga senior feminina Alquimia impúxose a Brigantium (2-7), e na categoría senior masculina os resultados foron os seguintes:
Galicia Rollers-Lóstregos (0-9)
Brigantium-Galicia Rollers (2-3)
Alquimia-Brigantium (2-8)
Brigantium Beta-Lóstregos Máster (2-5)
Alquimia-Lóstregos Máster (3-6)