Organizada por Morcegos H. L., celebrouse este domingo no pavillón da Carballeira de Ourense a Segunda Sede da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña na que se disputaron as xornadas 3 e 4 da competición. Tanto Peque Lóstregos, que chegaba como líder provisional e así seguirá, como Mini Meigas, afiánzanse nas dúas primeiras posicións tras gañar cadanseus encontros, polo que continúan como os dous únicos equipos que aínda non coñecen a derrota.
Nun segundo grupo, na terceira e cuarta praza, quedan Galicia Rollers e A. D. C. Alquimia Inline, precisamente despois de vencer ambos os dous ao anfitrión, Morcegos H. L., polo que os ourensáns quedan algo descolgados na loita por acceder á Final a 4.
[Fotos: C. P. Lóstregos e A. D. C. Alquimia Inline]
#eupatino