Iniciouse este pasado domingo 25 de novembro a fase regular da Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña coa disputa das dúas primeiras xornadas e cos oito equipos participantes entrando xa en competición. Peque Lóstregos de Lugo foi o único que logrou gañar os dous encontros nesta Primeira Sede, organizada polo ADC Alquimia Inline no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña, polo que se sitúa como líder provisional seguido por Morcegos de Ourense e Minimeigas de Lugo, que acadaron cadansúa vitoria e un empate, este entre ambos. A seguinte sede será o 27 de xaneiro de 2019.
[Fotos: ADC Alquimia Inline]
#eupatino