Como comunicabamos no avance, a competición autonómica da categoría Benxamín de Hóckey Liña arrincaba este domingo no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo baixo unha organización impecable por parte do Club Meigas, que mereceu o recoñecemento xeralizado dos equipos participantes, quen louvaron o excelente traballo desenvolvido en toda a xornada.
Con algúns encontros xa disputados, os celebrados na pista do barrio da Piringalla serviron para deixar como líder provisional a Peque Lóstregos, que gañaba con comodidade os tres desputados, sendo así o único conxunto con Club Hóckey Minimeigas que conta os partidos por vitorias, aínda que estes xogaron un menos polo que de momento están con seis puntos polos no]ve de Lóstregos. No houbo sorpresas, xa que ambos parten como favoritos, pero pola contra a loita nas seguintes posicións promete estar moi igualada entre os equipos perseguidores, mostrando todos eles un bo nivel.
Para a seguinte sede haberá que agardar ata o 11 de febreiro do próximo ano en Vigo co Club Vieja Escuela Rolle como anfitrión.
[Fotos: ADC Alquimia Inline]
#eupatino