Na xornada de hoxe a patinaxe galega despediu ó ourensán Manuel Montes, falecido na xornada de onte mentras facía unha das súas habituais rutas sobre patíns.
Manuel foi un dos fundadores do Clube Patinatour de Ourense e un habitual nas rutas e probas de media e longa distancia por todo o país. De carácter amable e extrovertido contaxiou o seu amor pola patinaxe a tódolos que tivemos o pracer de coñecelo.
Dende a Federación Galega de Patinaxe queremos mandar unha forte aperta a sua familia e amigos en estes duros momentos.