Esta fin de semana, a Selección Galega Sub 15 Masculina de hóckey a patíns acudía a Valongo a participar no tradicional Torneio de Reis.
O sábado pola mañá, perdían por 5 a 1 fronte a AP Aveiro. Pola tarde, era a quenda de enfrontarse a AP Porto e, cun resultado máis axustado, saían derrotados por 4 a 3.
O domingo, do derradeiro partido, chegaba a vitoria por 3 a 2 fronte a AP Minho.