Os World Skate Games de patinaxe de velocidade, celebrados en Abruzzo, Italia, tiveron representación galega por parte de Chevi Guzmán, do Club Celta Patín, e Manu Taibo e Andrea Boedo, da SCD Rabadeira.
Chevi Guzmán consolidouse como Campión do Mundo nos 100m con 9.475 segundos, proba na que xa conseguiu o Ouro no pasado Campionato de Europa, onde bateu o Récord do Mundo.
Esta foi a súa segunda medalla nos WSG, xa que tamén gañou un Bronce na proba de 500m sprint.
A clasificación dos tres deportistas galegos foi a seguinte:
En Categoría Sénior Masculina, na que competían Chevi e Manu:
Chevi Guzmán:
Ouro nos 100m
Bronce nos 500m
4º posto nos 200m Dual TT
6º posto na Volta Sprint
16º posto nos 1000m sprint
88º posto na Marathon
10º posto nos 10000m eliminación
22º posto nos 5000m puntos
24º posto nos 15000m eliminación
27º posto nos 10000m puntos
28º posto na Marathon
Ademáis, Chevi e Manu acadaron a 8ª posición nos 3000m relevos xunto con Nil Llop e Francisco Jose Peula.
Pola súa banda, Andrea Boedo competiu en categoría Junior Feminina, conseguindo:
8º posto nos 100m
13º posto nos 500m sprint
14º posto nos 200m Dual TT
17º posto na Volta Sprint
17º posto nos 1000m sprint
Desde a FGP queremos darlles os parabéns polos seus magníficos resultados.
Fotos: World Skate Games; RFEP