Deu por finalizada a Final World Artistic International Series celebrada en San Juan, Arxentina, na que participaban por parte galega o CPA Condado na categoría Grupos Show Pequenos, Lucas Yáñez na categoría Senior Masculina e Unai Cereijo na categoría Xuvenil Masculina.
O CPA Condado proclamouse campión da modalidade, mentres que Lucas e Unai, ambos do CPA Maxia, conseguiron a medalla de prata nas suas respectivas categorías.
A clasificación dos participantes galegos foi:
Grupos Show Pequenos:
1º CPA CONDADO, coa puntuación total de 32.27
Xuvenil Masculino Libre:
2º UNAI CEREIJO GARCÍA, do CPA Maxia, coa puntuación total de 229.87
Senior Masculino Libre:
2º LUCAS YÁÑEZ PÉREZ, do CPA Maxia, coa puntuación total de 207.26