O Campionato de Europa 2024 de Patinaxe artística celebrouse do 21 ao 31 de xullo.
Os/as deportistas galegos/as que participaron na competición fixeron un gran traballo acadando excelentes resultados, incluíndo un Ouro, unha Prata e un Bronce de Unai Cereijo, Joel Ribeiro e Lucas Yáñez respectivamente.
A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as na competición foi a seguinte:
Modalidade de Libre:
Categoría Cadete Feminina:
4ª Olivia Rey Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 108.98
Categoría Xuvenil Feminina:
9ª Xiana Fernández Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 106.77
Categoría Junior Masculina:
1º Unai Cereijo García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 225.17
Categoría Sénior Masculina:
3º Lucas Yáñez Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 215.24
Modalidade Solo Danza:
Categoría Junior Masculina:
2º Joel Ribeiro Díaz, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 132.17
Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polos seus estupendos resultados.
Fotos de Raniero Corbelletti