O XXXII Campionato de España Libre Cadete a Sénior de Patinaxe Artística celebrouse do 29 de xuño ao 5 de xullo no Polideportivo María de Huerva, en Aragón. Dos patinadores e patinadoras galegos/as que participaron, Olivia Rey, do CPA Maxia, conseguiu o Ouro na categoría Cadete Feminina, Unai Cereijo, do CPA Maxia, a Prata en Junior Masculino e Xiana Fernández, do CPA Gondomar, o Bronce na categoría Xuvenil Feminina.
A clasificación galega no Campionato foi a seguinte:
Cadete Feminino:
1ª Olivia Rey, do CPA Maxia, coa puntuación total de 126.47
11ª Alba González García, do CP Buxaina, coa puntuación total de 86.80
Cadete Masculino:
13º Lois Rivas Rodríguez, do CP Buxaina, coa puntuación total de 83.05
16º Raúl Sánchez Pazos, do CPA Ágora, coa puntuación total de 73.34
19º Oriel Rivas Pazos, do CP Compostela, coa puntuación total de 65.16
Iago Vázquez Blanco, do CP Compostela, coa puntuación total de 22.76
Xuvenil Feminino:
3ª Xiana Fernández Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 129.29
12ª Lola Álvarez Romero, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 98.80
Marta Canosa García, do CDP Boiro, coa puntuación total de 32.62
Leire Rocha Courel, do CPA Valladares, coa puntuación total de 26.57
Xuvenil Masculino:
10º David Rama García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 88.95
12º Hugo Bercero Rivas Mareque, do CPA Ágora, coa puntuación total de 60.78
Junior Feminino:
8ª Inés Peña Rodríguez, do CP Sarela, coa puntuación total de 101.23
12ª Paula Gilsanz Iglesias, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 89.22
17ª Antía Lourido Villasenin, do CPA Ágora, coa puntuación total de 79.70
Junior Masculino:
2º Unai Cereijo García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 217.99
9º Diego Íñiguez Lodeiro, do CP Axel, coa puntuación total de 115.65
11º Jorge Sanmartín Villanueva, do CP Sarela, coa puntuación total de 100.08
Sénior Feminino:
13ª Anahí Álvarez Guerner, do CPA Valladares, coa puntuación total de 100.20
14ª Andrea Llovo Frade, do CPA Coruxo, coa puntuación total de 97.89
15ª Matilde Neira Rivera, do CPA Maxia, coa puntuación total de 97.09
17ª Enya Rodríguez Rodríguez, do CP Lenda, coa puntuación total de 92.06
Sénior Masculino:
4º Lucas Yáñez Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 214.72
18º Alejandro Redondo Martínez, do CP Lenda, coa puntuación total de 63.76
19º Arturo García Fernández, do CPA Valladares, coa puntuación total de 54.44
Desde a FGP queremos darlles a todos os parabéns polo seu esforzo e resultados na competición.