O responsable do Comité de Hóckey Liña da Federación Galega de Patinaxe, Óscar Manuel Romay, e dous membros do club local Patinatour -Eladio Blanco e Roberto Caride-, acudían esta mañá ao Concello de Ourense para manter unha reunión co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de deportes, Mario Guede, co obxectivo de sentar as bases de cara a adecuar unha instalación municipal deportiva para a práctica da modalidade de Hóckey Liña, pois ata este momento os equipos da cidade non dispoñen de ningunha na que levar a cabo os adestramentos cunha mínima garantía, ademais de non poder disputar partidos oficiais, o que tamén impide que Ourense acolla algunha sede as distintas ligas autonómicas da especialidade. Todas as partes tentaron chegar a un acordo, comprometéndose o ente municipal a poñer os valos que delimiten a pista no primeiro trimestre de 2018, para o que se estudará no que resta deste ano cal é a localización máis adecuada para iso, barallándose dúas ou tres pavillóns dos que finalmente un será o elixido.
#eupatino