Este sábado, 8 de marzo, celebraranse os Playoffs das Ligas Galegas Sénior Masculina e Infantil de hóckey liña no Pavillón Daniel Cordido Castro, en Lugo.
As competicións, organizadas polo Lóstregos e o Másters HL, disputaranse en xornada de mañá e de tarde co seguinte horario:
Playoffs Categoría Sénior Masculina:
Semifinais:
10:00h. Lóstregos – Galaicos
11:20h. Másters HL – Morcegos HL
3º e 4º posto: 15:20h.
Final: 18:00h.
Playoffs Categoría Infantil:
Semifinais:
12:40h. Lóstregos – Morcegos HL
14:00h. Brigantium – Guajes
3º e 4º posto: 16:40h.
Final: 19:20h.