Os patinadores galegos Manuel Taibo (junior), do SCD Rabadeira, e María Balsa (xuvenil), do Sada Patín foron chamados para unha tecnificación nacional, para patinadores fondistas, o vindeiro 12 e 13 de marzo en Pamplona, no UDC TXANTREA KKE.
As xornadas distribuiranse en tres como é costume: sábado mañá, sábado tarde e domingo
mañá.
Esta tempada estarán separadas por especialidade: Velocistas e Fondistas, así poderase traballar de forma independente as mesmas, e os adestradores poderán centrarse nas necesidades de cada unha delas.