Onte á tarde, no Museu Olimpic i de l’Esport Joan Antoni Samaranch, tivo lugar o sorteo dos calendarios das competicións nacionáis de hóckey a patíns.
A primeira en dar comezo será a Parlem OK Liga, o 30 de setembro, coa participación do Deportivo Liceo.
O 7 de outubro será a quenda do HC Coruña na OK Liga Iberdrola; a OK Liga Plata Femenina coa participación do HC Ponteareas, HC Cambre e HC Raxoi e a OK Liga Bronce Norte coa presencia do Compañía de María, HC Raxoi e Traviesas HC.
Por último, o 21 de outubro arrincarán AC Ordes, Escola Lubiáns e CAA Dominicos na OK Liga Plata Norte.
As competicións oficiáis comezarán o 23 e 24 de setembro coa disputa da Supercopa de España Masculina en Reus coa participación do Deportivo Liceo.
Os calendarios da RFEP pódense consultar na seguinte ligazón: http://www.hockeypatines.fep.es/