Con motivo da celebración da Supercopa de España de hóckey a patíns, que terá lugar en A Coruña esta fin de semana, o acto de presentación da nova tempada 24-25 da OK Liga Masculina realizouse no Concello da cidade herculina.
Nesta presentación entregáronse os premios aos mellores xogadores da pasada tempada, entre os que César Carballeira, do Deportivo Liceo, levouse un dos premios a Quinteto ideal.
Ao acto acudiron a Alcaldesa de A Coruña, Inés Rey, o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o Presidente da Real Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua e a Presidenta da Federación Galega de Patinaxe, María Jesús Vázquez, ademáis de xogadores, adestradores, directivos, representantes dos clubs, árbitros e máis autoridades.