A pasada semana celebráronse os World Skate Artistic International Series de Trieste, Italia, competición na que participaron seis patinadores e patinadoras galegos/as. Olivia Rey, do CPA Maxia, alzouse co Bronce en Modalidade Libre categoría Cadete Feminino.
Os resultados dos participantes galegos foron os seguintes:
Cadete Feminino:
3ª Olivia Rey Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 112.26
Modalidade Libre:
Infantil Feminino:
4ª Marta Fraga Fuentes, do CPA Maxia, coa puntuación total de 51.31
Xuvenil Masculino:
5º David Rama García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 117.57
Junior Masculino:
4º Unai Cereijo García, do CPA Maxia, coa puntuación total de 158.03
Senior Masculino:
7º Lucas Yáñez Pérez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 186.07
Modalidade Solo Danza:
Infantil Masculino:
9º Iago Vázquez Blanco, do CD Fervello, coa puntuación total de 76.80
Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polos seus bos resultados.