PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 25

Oito Ouros, unha Prata e dous Bronces no Campionato de España de Patinaxe de Velocidade en Pista.

A pasada fin de semana tivo lugar o Campionato de España de Patinaxe de Velocidade en Pista, no Patinódromo de Moreda, en Gijón.

 

O resultado dos patinadores e patinadoras galegos/as foi excelente, xa que conseguiron oito medallas de Ouro, unha de Prata e dúas de Bronce.

 

Chevi Guzmán, do club Celta Patín, conseguiu tres Ouros nas probas de 200CR, 500+D e 1000m liña.
oro de Chevi en CAmpeoanto de España de Pista

 

Os patinadores Adrián Bedia, Manu Taibo, Marcos Vicos e Raúl Couto, do S.C.D. Rabadeira, conseguiron o Ouro na proba de 3000 relevos absolutos e, ademáis, Manu Taibo e Marcos Vicos gañaron un Bronce no 10000 eliminación e 5000 puntos respectivamente.
oro en relevos de campeonato de españa de pista

 

A patinadora Junior do S.C.D. Rabadeira, Andrea Boedo, conseguiu un Ouro no 200CR e unha prata no 500+D.

Ouro de Andrea

 

Estes resultados complétanse cun 6º posto de Xoel Vilariño, do SCD Rabadeira, un 9º posto de Álvaro Espiñeira, do Celta Patín, ambos no 200CR de categoría Junior e un 10º posto de Paula Portela, do club Sada Patín, tamén no 200CR junior.

 

Destacar que Raúl Couto, Andrea Boedo, Manu TAibo e Marcos Vicos, do S.C.D. Rabadeira e Chevi Guzmán, do Celta Patín, foron convocados para o Selectivo 2024 da Federación Española de Patinaje de Velocidad.

 

Desde a FGP queremos darlles os parabéns a todos polos seus excelentes resultados.
Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL