PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 03

O XVIII Campionato Galego de Grupos Show proclama campións a C. P. A. Gondomar en grupos pequenos e a C.A.R.P.A-Viqueira en grupos grandes

C. P. A. Gondomar en grupos pequenos e C.A.R.P.A-Viqueira en grupos grandes son os campións galegos despois da celebración do Campionato Galego de Grupos Show na xornada de onte sábado no pavillón municipal das Travesas de Vigo (Pontevedra) e que, como é habitual, rexistrou unha gran entrada de afeccionados nas bancadas que disfrutaron das coreografías dos 17 grupos participantes na súa 18.ª edición.

Organizado polo Club C.A.R.P.A-Viqueira e tras os adestramentos realizados pola mañá, a competición comezaba ás cinco e media da tarde coa presenza, entre outros, do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do concelleiro de deportes da cidade olívica, Manel Fernández. Os nove grupos pequenos foron os primeiros en saír á pista das Travesas, que unha vez máis mostrou a súa gran capacidade para acoller este tipo de eventos e que rematou co C. P. A. Gondomar acadando o título nesta categoría coa coreografía “Saint Mary”. Fixérono con solvencia ao conseguir unha puntuación de 89,2 mentres que os segundos clasificados, o C. P. A. Condado de Salvaterra de Miño, acadaba 78,0 con “Unidad 630”. Completaba o podio entre os grupos pequenos Axel Arteixo interpretando “La energía de la vida” e 73,6 puntos.

Logo dun breve descanso era a quenda dos oito grupos grandes que remataba con “Non é non” dos locais C.A.R.P.A-Viqueira obtendo o título con 79,6 puntos seguidos por C. P. A. Ribex de Tui e “Luna llena” que totalizaban 73,5 puntos. A terceira praza correspondía á interpretación de C. P. A. Valladares de Vigo denominada “Magnetismo”, que con 71,8 puntos completaban o podio. Presenciando a competición tamén estiveron presentes por parte da Federación Galega de Patinaxe o seu presidente, Vicente Torres, e o vicepresidente, Julio Parga.

Clasificacion-Campionato-Galego-GruposShow-Grandes-Pequenos

#eupatino

PA-2019-02-02-CG-Show-Grandes-Pequenos - Podio Grandes PA-2019-02-02-CG-Show-Grandes-Pequenos @Condado0

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL