PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 13

O xoves, presentación do 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey sobre Patíns

O Concello da Coruña acollerá este xoves 14 de xuño, a un mes da súa inauguración, a presentación da edición número 53 do Campionato de Europa Masculino de Hóckey sobre Patíns, que por primeira vez se celebrará en Galicia. O Palacio dos Deportes de Riazor acollerá do 14 ao 22 de xullo a competición continental coa presenza de 11 seleccións nacionais.

O acto de presentación terá lugar ás 12:00 horas e contará coa presenza de Fernando Graça, presidente do Comité Europeo de Hóckey sobre Patíns (CERS-Rink Hockey); e de Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaxe. Entre outras autoridades, tamén estarán presentes José Manuel Sande, concelleiro de Deportes, Cultura e Coñecemento do municipio coruñés; e Vicente Torres, presidente da Federación Galega de Patinaxe e representante do comité organizador do Eurohockey 2018.

#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL