PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 15

O vindeiro sábado 25 de xaneiro primeira xornada da Liga Feminina de Roller Derby organizada por Irmandiñas

Este vindeiro sábado 25 de xaneiro terá lugar a primeira xornada da Liga Feminina de Roller Derby organizada, planificada e xestada polo clube Coruña Roller Derby Irmandiñas, unha competición que se celebrará no Polideportivo II de Elviña, co apoio da Federación Galega de Patinaxe e da Xunta de Galicia, e cuxa entrada será de balde.

Nesta primeira xornada disputáranse  dous encontros. O primeiro será ás 17 horas, onde se enfrentará as Brigantias contra o equipo vigués Sereas. Ás 19 horas chegará o turno das nosas anfitrionas, Irmandiñas, que competirán contra o equipo ourensano Jabatas.

 

EN QUE CONSISTE O ROLLER DERBY?

O Roller Derby é un deporte de contacto, orixinario dos Estados Unidos, que xógase sobre patíns tradicionais o redor dunha pista ovalada. Consiste nun partido de dous tempos de trinta minutos cada un, onde as escuadras compiten entre sí co obxectivo de anotar máis puntos co adversario. O equipo que alcance a maior puntuación é o gañador.

 

O Roller Derby é un deporte maioritariamente feminino que actualmente goza dunha crecente popularidade e gran crecemento en Galicia, sendo a comunidade autónoma con máis equipos federados. Este deporte defende valores como a igualdade,  a inclusividade e o empoderamento.

irmandiñas2 irmandiñas3Fotos: Roller Derby Irmandiñas

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL