O Pavillón de Monte Alto acolle do venres ao domingo a Fase de Sector Infantil en busca das dúas prazas para participar no Campionato de España, que terá lugar do 24 ao 26 de maio en Ripoll, Gerona.
Por parte Asturiana, os equipos participantes son: CP Mieres B, AD Patinalón, CP La Corredoría e Centro Asturiano.
A representación galega está formada por Compañía de María Amarillo, CH Compostela Granate, Deportivo Liceo A e Dominicos A.
Os partidos darán comezo o venres ás 9:15h e a final dispútase o domingo ás 11:30h.