Esta fin de semana terán lugar a terceira e cuarta xornada da Liga Nacional de Clubs de patinaxe de velocidade en categoría absoluta en Sant Boi de Llobregat.
Nesta competición participarán os clubs galegos SCD Rabadeira e Sada Patín, como xa o fixeron na primeira e segunda xornada celebradas o 24 e 25 de febreiro en Pamplona.
O SCD Rabadeira participará cos seus equipos masculinos de primeira e terceira división e co seu equipo feminino de terceira división.
Pola súa banda, o Sada Patín participará co seu equipo feminino de segunda división e o seu equipo masculino de terceira división.