Ribadeo acolle este sábado 15 de decembro a primeira das diversas xornadas de Tecnificación que se levarán a cabo na tempada 2018-2019 para xogadores e xogadoras de base das categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
Este programa de Tecnificación do Comité de Hóckey Liña da Federación Galega de Patinaxe vai enfocado á preparación dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, que terá como sede a comunidade galega os días 28, 29 e 30 de xuño de 2019 para as categorías Alevín, Infantil e Feminina Sub-20.
A esta primeira convocatoria acudirán un total de 77 xogadores e xogadoras dos clubes galegos que se distribuirán en tres grupos no pavillón municipal de Ribadeo (Lugo) baixo a dirección técnica de Javier Bermúdez, Óscar Manuel Romay e Silvia González.
Convocatoria Tecnificacion Seleccion Galega 2019-Ribadeo
#eupatino