Despois de celebrar tres xornadas e de disputar entre os catro equipos que forman a competición a fase regular da Liga Galega en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, chega a quenda de Ourense este sábado onde se disputará a fase final.
O pavillón e Oira celebraranse na tarde do sábado 27 de abril os dous encontros cos que concluirá está primeira edición da Liga Galega. Ás 17:20 horas iniciarase o partido que definirá o terceiro e cuarto posto entre os equipos coruñeses de Irmandiñas e As Brigantias mentres que desde as 19:30 teremos a final entre Jabatas de Ourense e Sereas Bravas de Vigo, da que sairá o campión galego de Roller Derby.
RESULTADOS LIGA REGULAR
Xornada 1 (27 de xaneiro de 2019) | Pavillón de Candeán – Vigo
Sereas Bravas Roller Derby Vigo [98 – 95] Jabatas Ourense
As Brigantias Roller Derby A Coruña [286 – 22] Irmandiñas Roller Derby A Coruña
Xornada 2 (16 de febreiro de 2019) | Pavillón de Fontiñas – Santiago de Compostela
As Brigantias Roller Derby A Coruña [104 – 126] Sereas Bravas Roller Derby Vigo
Irmandiñas Roller Derby A Coruña [30 – 291] Jabatas de Ourense
Xornada 3 (16 de marzo de 2019) | Pavillón de Monte Alto – A Coruña
Irmandiñas Roller Derby A Coruña [9 – 243] Sereas Bravas Roller Derby Vigo
Jabatas de Ourense [86 – 127] As Brigantias Roller Derby A Coruña
FASE FINAL (27 de abril de 2019) | Pavillón de Oira – Ourense
17:20 | Irmandiñas Roller Derby A Coruña – As Brigantias Roller Derby A Coruña (3.º y 4.º puesto)
19:30 | Jabatas de Ourense – Sereas Bravas Roller Derby Vigo (Final)
#eupatino