Esta fin de semana dispútase no Pavillón Polideportivo de Monte Alto a Fase de Sector Xuvenil de hóckey a patíns ca presencia de catro equipos galegos (Compañía de María Azul, Deportivo Liceo, CH Oleiros A e Dominicos A) e outros catro por parte asturiana (CP Mieres, Centro Asturiano, CD Patinalón e Telecable HC).
Durante estes tres días, competirán por conseguir unha das dúas prazas que dan acceso ao Campionato de España, que terá lugar en Gandía do 16 ao 18 de maio.
Para ver o calendario da competición e coñecer os resultados, pódese acceder á seguinte ligazón:
https://www.hockeypatines.fgpatinaxe.gal/league/4853298
Todos os partidos serán retransmitidos por Partidos Hockey Gallegos.