A 1.ª Tecnificación de Patinaxe Libre da modalidade de Artístico celébrase este fin de semana no pavillón do INEF de Bastiagueiro, no municipio coruñés de Oleiros. Un total de 24 patinadores e patinadoras están convocados ás sesións de mañá e tarde durante ambas xornadas -sábado 27 e domingo 28 de xaneiro-, que estarán dirixidas polos técnicos Mónica Deli e Leonardo Lienhard, que contarán co apoio de Rosa García (CPA Maxia e CP Oleiros), David Figueroa (CPA Gondomar), Helena Sotelino (CP Castrelos), Manuel Feijoó (Coruxo FC), Silvia Varela (Covelo PA) e Mercedes Covelo (CARPA Viqueira).
Relación de patinadores e patinadoras convocados
Pablo Vasallo, Iago Méndez, Álvaro Suárez, Javier Martínez, Nadia Iglesias, Albino Estévez, Andrea Llovo, Manuela Vila, Noelia Rodríguez, Lucía Méndez, Lucía Fernández, Lucas Yáñez, Xosé Andrés Cruz, María Grela, Unai Cereijo, Joel Riveiro, Paula Rey, Noemy Marta, Miriam Filgueira, Ana Arias, Andrea López, Matilde Neira, Soraya Santos e Isis Basanta.
#eupatino