Aínda que non haberá sedes de ningunha das categorías de Hóckey Liña esta fin de semana, si se disputarán varios encontros das diversas competicións autonómicas para ir axustando os calendarios. O primeiro partido será xa o venres 15 de febreiro no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo con C. H. L. Meigas e C. P. Lóstregos enfrontándose na categoría Infantil. Na mesma pista, o domingo 17, haberá dous encontros da Liga Benxamín e outro da Infantil.
Tamén o pavillón de Castrelos de Vigo acolle partidos o mesmo domingo das Ligas Sénior Masculina, Sénior Feminina e Alevín mentres no pavillón da Carballeira en Ourense xogarán Iguanas contra Morcegos H. L. na categoría Benxamín.
Horarios, resultados e clasificacións
#eupatino