Este ano se celebra a primeira edición da Copa de S.A.R. la Princesa Femenina e, entre os equipos clasificados, está o HC Raxoi.
A competición terá lugar o 1 e 2 de abril en Alcobendas. As semifináis serán o sábado, mediante sorteo, e os vencedores xogarán a final o domingo.
Os equipos que se disputarán a Copa son os tres primeiros equipos clasificados tras a primeira volta da OK Liga Plata Femenina, que son: o Bembibre HC, o CP Alcobendas e o HC Raxoi, e tamén xogará o primeiro equipo clasificado da Primeira Nacional Catalana Femenina.