PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 26

O HC Liceo sorprende na Final a 4 Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns e proclámase campión galego

En determinadas ocasións o deporte ofrécenos situacións que non son agardadas atendendo aos resultados previos ou mesmo ao potencial demostrado con anterioridade polos equipos que disputan unha competición. Iso foi o que sucedeu este fin de semana no pavillón Castelao I de Ordes (A Coruña) coa Final a 4 Senior Masculina, na cal se decidía o campión galego e por extensión ao conxunto que terá dereito a xogar a fase de ascenso a Primeira División Nacional. O HC Liceo, que chegara á Final a 4 como sexto clasificado na liga regular e que derrotaba na eliminatoria de cuartos de final ao AC Órdenes, deixando así aos locais fóra da mesma na súa propia pista, conseguía o título nunha derradeira xornada chea de emoción e incerteza.

A xornada inaugural do sábado pola tarde mostraba resultados lóxicos, pero o empate de Club AA Dominicos co HC Liceo abría aínda máis as posibilidades de ambos xunto a Club Compañía de María “A”, que o domingo pola mañá perdía co HC Liceo por dous tantos de diferenza, o que obrigaba a Club AA Dominicos a facelo pola mesma renda ante aqueles se querían proclamarse campións. Tras o triunfo dos liceístas contra o Club Compañía de María “B”, non sen certa dose de emoción polo axustado do tenteo final, só quedaba agardar ao derradeiro partido, onde a Club AA Dominicos quizá lle puido a presión, pero o certo é que aínda que se puxo cun 5-3 por diante que parecía definitivo, finalmente Club Compañía de María “A” lograba remontar e grazas a un tanto no derradeiro minuto de Hugo García de falta directa, dáballe a volta ao marcador e, en consecuencia, o título de campión galego Senior Masculino ao HC Liceo, sendo entregado o trofeo e as correspondentes medallas ao resto de equipos por Ana Soneira, concelleira de deportes do Concello de Ordes, e Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe. Salientar ademais a magnífica entrada no polideportivo ordense, con medio milleiro de afeccionados presenciando a terceira xornada na tarde do domingo.

RESULTADOS e CLASIFICIÓN FINAL

Sábado, 25 de marzo de 2017

Xornada 1

Club Compañía de María “A” 6 – 1 Club Compañía de María “B”

Club AA Dominicos 2 – 2 HC Liceo

Domingo, 26 de marzo de 2017

Xornada 2

Club AA Dominicos 5 – 3 Club Compañía de María “B”

Club Compañía de María “A” 1 – 3 HC Liceo

Xornada 3

Club Compañía de María “B” 2 – 3 HC Liceo

Club AA Dominicos 6 – 7 Club Compañía de María “A”

MG_4587 MG_3812 MG_3786 MG_4508

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL