PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 30

O HC Liceo queda á porta do ascenso a Primeira División Nacional de Hóckey sobre Patíns

Non conseguiu o HC Liceo ese ansiado cambio de categoría a Primeira División Nacional na fase de ascenso que disputou este fin de semana no polideportivo Ruth Beitia da Albericia, en Santander. Comezaron ben os liceístas o sábado pola mañá cunha cómoda vitoria ante CD Urdaneta, sendo conscientes de que o partido decisivo era o da tarde o RC Jolaseta de Getxo. Porén, os da Coruña cedían por un axustado 2-3 nun encontro moi disputado, polo que os vascos lograban o ascenso independentemente do que ocorrira esta mañá onde, de feito, remataban perdendo ante o CD Urdaneta, que non conseguira ningunha vitoria. O HC Liceo tamén se impoñía ao Roller Oviedo HC, pero de nada servía tras a derrota de onte.

[Fotos: Luis Velasco Hevia]

HP-2017-04-29-FaseAscenso-Liceo1 HP-2017-04-29-FaseAscenso-Liceo2

RESULTADOS – FASE DE ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL

XORNADA 1 | Sábado, 29 de abril de 2017

HC Liceo 7 – 3 CD Urdaneta

RC Jolaseta 6 – 2 Roller Oviedo HC

XORNADA 2 | Sábado, 29 de abril de 2017

HC Liceo 2 – 3 RC Jolaseta

CD Urdaneta 1 – 2 Roller Oviedo HC

XORNADA 3 | Domingo, 30 de abril de 2017

Roller Oviedo HC 1 – 5 HC Liceo

CD Urdaneta 7 – 3 RC Jolaseta

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL